Obradoiro de teatro
O obradoiro de teatro preséntase coma un laboratorio onde poidamos deixar voar a nosa imaxinación e creatividade a través do xogo, do corpo e da voz. Traballamos do colectivo para o individual facendo fincapé no grupo e na relación entre as integrantes. Un ratiño pra pasálo moi divertido e traballar as propias experiencias, porque o teatro é vida.
A arte dramática serve ás crianzas de tal xeito que serán elas mesmas quen adapten o teatro ás súas necesidades creando o seu propio método. Trátase de facer un “laboratorio”, un experimento individual e colectivo que potenciará as súas facultades físicas, intelectuais e creativas. Poderanse experimentar libremente as posibilidades corporais e educación sensorial (Grotowsky), estimulando a creatividade mediante xogos dramáticos e improvisacións (Stanivslasky e Eugenio Barba), tanto individual como colectivamente. Fomentaráse a lectura, dicción e a escrita creativa, será outro dos obxectivos; a través do coñecemento das dramaturgas máis relevantes da literatura galega e mundial. Este proxecto nace na comarca do Deza no ano 2013 e medra no mundo rural en contacto coa natureza fomentando a creatividade e capacidade analítica mediante a observación directa e desprovista da procura do resultado e centrada no proceso.

Obxectivos
“O teatro non ten categorías, trata sobre a vida. Este
é o único punto de partida e non hai nada máis que sexa
realmente importante.
O teatro é vida.”
Metodoloxía







